“A Casa das Camelias” é unha parcela duns 12.000m² de superficie, cunha casa anterior a 1785, muíño de río, hórreo e cruceiro; e na que a súa dona rega, poda e mima a máis de 1.500 variedades de árbores, arbustos, rosas, trepadoras, perennes, anuais, bianuais, plantas de roca, cactus, suculentas… ¡Non hai planta ou árbore que se lle resista! Conta, de feito, con plantas dos 5 continentes do mundo, aínda que a súa especialidade, a raíña do seu xardín, é a camelia, a flor de Galicia. Nesta finca poderás apreciar máis de 1.000 camelias, 500 delas diferentes.
Pérdete polo seu labirinto de camelias, descubre a zona de plantas acuáticas e deixa que os máis pequenos gocen e se entreteñan dándolle de comer aos seus peixes, tartarugas e paxaros. As visitas guiadas realízase tanto en verán como en inverno. Infórmate na Oficina de Turismo ou chama directamente á Casa para concertar cita previa.
LOCALIZACIÓN: Lugar de Brazos, 17. Boiro
HORARIOS DE VISITA: Fins de semana previa reserva.
FACEBOOK: https://www.facebook.com/casacamelias17/
INSTAGRAM: https://www.instagram.com/acasadascamelias/?hl=es
TELÉFONO: 670014638
E-MAIL: acasadascamelias@gmail.com
ACCESIBILIDADE: Practicable para persoas con movilidade reducida
VISITAS:
- Entrada: 5.00€
- Menores de 12 anos: Acceso gratuíto
- Grupos de máis de 20 persoas e visitas escolares: Consultar tarifa